Premios Plan Proxecta
O IES Terra de Trasancos partIcipa no Plan Proxecta dende o comenzo deste, tentando levar aos alumnos participantes ao interese polo patrimonio cultural de Ferrolterra en xeral, e Narón en particular, o noso concello, a través de diferentes proxectos que se desenvolven ano tras ano.
O comezo deste curso o noso centro foi galardoado cun accesit na 2ª edición dos Premios Proxecta de Innovación Educativa que a Consellería de Educación reparte entre os participantes no Plan Proxecta, grazas a eses traballos desenvoltos por alumnos e docentes no marco do Proxecto Terra e Cine en Curso.
Parabéns aos profesores participantes, e como non, aos alumnos implicados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario