lunes, 12 de marzo de 2018

Un ano mais estamos a participar no PROXECTO TERRA.
Este curso o noso traballo xirará en torno aos TERRITORIOS CON ENERXÍA.
Esa enerxía nós a transformaremos en actividades que poderedes visualizar na nova páxina deste blog do curso 2017-18, e no seguinte enlace: terratrasancos2017-18.blogspot.com

Premios Plan Proxecta

IES Terra de Trasancos partIcipa no Plan Proxecta dende o comenzo deste, tentando levar aos alumnos participantes ao interese polo patrimonio cultural de Ferrolterra en xeral, e Narón en particular, o noso concello, a través de diferentes proxectos que se desenvolven ano tras ano.
O comezo deste curso o noso centro foi galardoado cun accesit na 2ª edición dos Premios Proxecta de Innovación Educativa que a Consellería de Educación reparte entre os participantes no Plan Proxecta, grazas a eses traballos desenvoltos por alumnos e docentes no marco do Proxecto Terra e Cine en Curso. 
Parabéns aos profesores participantes, e como non, aos alumnos implicados.

jueves, 30 de marzo de 2017

Durante este curso tentaremos continuar co traballo comezado no pasado curso para a visualización das actividades e saídas que realizamos no centro inmersas no Proxecto Terra.
Esperamos que vos guste.
Podedes consultar toda a documentación neste enlace: